Alén Mundo

'Alén Mundo' de Paco Rivas mergúllanos nunha viaxe lúgubre e intrigante a través de catro relatos curtos: Vedoira, O Verdugo, Ridó e O Renacer de Isolino. Cada historia está chea de misterio e terror, explorando as sombras e o medo á morte, un tema central na tradición galega. A obra mestura a intriga e a tradición oral, presentando personaxes e paisaxes fantasmagóricos. A través desta lectura, o lector poderá achegarse ao desconcerto do máis aló sen medo, sen perder o fío de cada historia. Disponibel en formato Epub2 para unha lectura fluída.

1000 elementos:
6,00 €
IVA incluido

“Alén mundo” é a obra coa que Paco Rivas pretende trasladar ao lector/a a ese mundo lúgubre que se agocha na noite e na morte. Este libro componse de catro relatos independentes, pero todos relacionados por un nexo común, o misterio, a intriga e mesmo a morte: Vedoira, O Verdugo, Ridó e O renacer de Isolino son as historias que compoñen esta obra, un debuxo literario de noites fantasmagóricas e espazos medorentos nos que coa chegada do luar nos invade o desacougo, o medo ao descoñecido. Mais nada mellor que mergullarse nesas sombras, nese pavor ao mundo das ánimas, tan presentes na tradición oral galega que deben ser tan temidas como respectadas. Percorremos coa lectura eses carreiros bretemosos que nos permitirán chegar ao remate de cada historia sen sufoco, como aquel “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete” escrito por Castelao. “Alén mundo” lévanos a viaxar e entender á morte sen medo. Nacer para morrer.

1000 elementos:
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.

16 produtos máis na mesma categoría: