Pallaso

1000 elementos:
6,00 €
IVA incluido

Libro de teatro.

Damas e cabaleiros, ladies and gentlemen, mesdames et messieurs, con todos vostedes a verdadeira e singular historia do gran Bobi, un xenio cómico dos nosos días que se viu forzado a abandonar a calor das multitudes baixo a carpa do circo para seguir facendo rir á xente nas rúas húmidas e frías de calquera cidade, por un puñado de moedas!

Unha historia exemplar sobre o fracaso que fará as delicias de nenos e nenas!

Comedia! Melodrama! Pallasos! Ananos acróbatas!

As miserias da vida ante os seus ollos polo módico prezo dunha entrada!

Quen podería resistirse?

Non se perdan o maior espectáculo do mundo!

(Nota de descargo: neste circo non se maltratan animais; só bípedes máis ou menos racionais.)

1000 elementos:
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.

16 produtos máis na mesma categoría: