Bica de Montouto

1000 elementos:
6,00 €
IVA incluido

Obra gañadora do V Concurso "Balbino" de Relatos.

Esta novela, Bica de Montouto, destaca pola forza telúrica dunha historia sobre o despoboamento rural e a desaparición dun mundo que esfarela e no que se moven uns personaxes cheos de matices que loitan pola supervivencia dos seus eidos e da memoria da vida que neles se garda.

Ante a inminente desaparición da súa aldea, catro anciáns deciden unir forzas e crear unha pequena industria artesanal que do tempo que os une consiga afincar a esperanza da supervivencia da aldea.

Fondamente lírica, e con grande sensorialidade, esta novela é o canto melancólico dun mundo que se vai pero que non se resiste a desaparecer sen nos ofrecer o máis fermoso canto de cisne antes de esvaecer.

1000 elementos:
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.

16 produtos máis na mesma categoría: