Este poemario non é máis que os pequenos anacos que conviven no seu autor. As historias pasadas, presentes e futuras, os amores vividos, os que xa foron e non volverán, os que quedan e os que virán. Cada poema ten a súa historia e destinatario, pero tamén cada poema pode ser reinterpretado de unha e mil maneiras para que o lector atope nel un espello no que mirarse e sentirse un home común.