Contamos con máis de 25 anos de experiencia no sector editorial, dar artes gráficas e do deseño. No ano 2021, e comprobando que se incrementaba o número de persoas que demandaban a lectura en formato electrónico, decidimos implementar os distintos formatos, tanto epub2 para libro con composición fluída e epub3 en formato fixo.

Isto quere decir, que podemos ofrecer libros de distintas temáticas e formatos, con imaxes, gráficos, etc. sen que a composición real do libro orixinal teña ningún tipo de variación, conservando o formato orixinal do libro en formato físico.

No ano 2024 dicidimos abrir aínda máis a oferta editorial e comezamos coa realización de audilibros, sendo pioneiros neste sector en Galicia. Unha aposta arriscada coa que pretendemos chegar a todo o público, tanto adulto como infantil.

Deste xeito, ofrecemos tanto en formato ebook como en audiolibro distintas temáticas, teatro, infantil, poesía e narrativa.

Esperamos e desexamos que nesta páxina web atopes o formato e a temática de libro que encaixe no teu gusto ou dalguén da túa familia.