Libro infantil composto por 30 pequenos contos nos que a imaxinación toma forma a través da mirada dun neno chamado Guimar na súa aventura descubrindo todo o que o arrodea. Trátase dunha obra dedicada a Elliot, o neto do propio autor e como, a través da súa mirada descobre un mundo de fantasía na realidade que o arrodea á par que crea un vínculo especial de complicidade co seu avó. Zapatos que comen calcetíns, papaventos que leva o vento, lapis máxicos... todo un mundo novo con elementos comúns para os maiores pero que da man do pequeno Guimar toman formas sobrenaturais que converten cada día en toda unha aventura.
Cada relato ten unha extensión de non máis de 300 palabras e son aventuras completamente independentes que os converten en idóneos pola súa brevidade para a súa lectura antes de durmir.