'A Mentireira Historia da Carapucha Verdadeira' é unha versión chea de humor e sorpresas dun conto clásico. Un lobo vegano, unha carapucha sorda e un cazador mentireiro ofrecen unha reinterpretación divertida e diferente. Con toques de teatro e humor, os personaxes clásicos son reformulados cunha boa dose de inventiva. Neste conto, a trama cómicamente revirada tamén recolle referencias a outras historias como O Gato con Botas ou Os Tres Porquiños, creando unha narración áxil e chea de sorpresa para os máis pequenos. Disponibel en formato Epub2 para unha lectura fluída.
Que pasa cando a un conto clásico se lle dá a volta coma a un calcetín?
Un lobo vegano, unha carapucha que non escoita ben e unha avoa esfameada. Unhas cabuxas “okupas” bastante toleironas e un cazador burlado que trata de tapar a súa falta de pericia con embustes e mentiras.
Prestando atención podemos sentir neste libro de teatro as pegadas silandeiras do Gato con Botas, os alegres parrafeos dos Tres Porquiños ou como Manoliño o Mentireiro pide axuda para enganar aos seus veciños.
Cal é a realmente a Carapucha verdadeira?