'A Comuna de Valdonelle' é a obra gañadora do VII Concurso Balbino de Relatos, que narra a historia de varios urbanitas que deciden crear unha comuna nunha aldea abandonada de Galicia. A novela ofrece unha profunda reflexión sobre o neorruralismo, as tensións entre o mundo rural e urbano, e as complexas relacións interpersoais que xorden neste contexto. Con personaxes ben perfilados e unha trama envolvente, a obra leva ao lector a explorar as dificultades e contradicións dun proxecto social no corazón do rural galego.
Obra gañadora do VII Concurso Balbino de Relatos. Esta novela leva ao lector a unha profunda reflexión sobre o neorrural. Protagonizada por unha serie de urbanitas que deciden crear unha comuna nunha aldea abandonada do interior de Galicia. Os protagonistas deberán enfrontarse aos lances propios dunha sociedade rural e todas as tensións derivadas de enfrontarse a ela dende unha visión urbanita. Arquitecturizada con indubidable solvencia narrativa, “A comuna de Valdonelle” destaca polo interesante perfilado dos seus personaxes e a eficiente progresión dunha trama que leva con forza da man ao lector ata o final. Unha lectura na que se reflicte o complexo mundo das relacións interpersoais a través dunha ficción baseada na construción dunha sorte de comuna societaria no rural.