Camiños na sombra

1000 elementos:
6,00 €
IVA incluido

Obra gañadora do I Concurso "Balbino" de relatos. 

Constitúe un libro de relatos de quince historias que se erguen como un atlas para percorrer as rutas da memoria, o amor e o pasar do tempo. Nestes relatos, os temores e os tremores, os devezos e as paixóns amalgaman nunha aliaxe de melancólico fulgor, que escintila en vibrantes imaxes arrincadas ás vetas do máis xenuíno sensorialismo.

Os lostregantes diálogos, así como os elásticos e vívidos escenarios nos que as tramas laten, axudan a edificar estruturas de sentido que funcionan como precisos mecanos onde cada elemento xoga o seu papel. Hai nestas narracións unha habelencia superior na capacidade de suxerir, de insinuar xordos dramas interiores que teñen de se descubrir dende ese ollar excéntrico, diagonalizado e oblicuo que caracteriza o rural contemplado por Alcayde Dans.

1000 elementos:
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.

16 produtos máis na mesma categoría: