Os Balbinos. Ruta da Prata

1000 elementos:
6,00 €
IVA incluido

Segundo libro da colección Os Balbinos, en tres idiomas: Galego, castelán e inglés.

Somos a familia dos Balbinos, Lúa e Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. Tras a fermosa experiencia do Camiño Francés, a familia dos Balbinos decidimos facer unha nova peregrinaxe a Compostela, desta vez pola Ruta da Prata, na variante do Camiño Sanabrés. Ollamos elementos fermosos do noso patrimonio, escoitamos historias e lendas engaiolantes, e coñecemos persoas que desbordaban amabilidade en cada un dos concellos polos que pasamos: A Mezquita, A Gudiña, Castrelo do Val, Laza, Vilar do Barrio, Xunqueira de Ambía, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Ourense, Vilamarín, Cea, Piñor, Dozón, Lalín, Silleda, Vedra, Boqueixón e Santiago.

1000 elementos:
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.

15 produtos máis na mesma categoría: