Rosalía de Castro

1000 elementos:
6,00 €
IVA incluido

Libro elaborado pola artista Teresa Candal no que se ofrece un perfil biográfico diferente dunha das principais figuras do Rexurdimento, a escritora galega Rosalía de Castro.

Rosalía pasou ao imaxinario colectivo como unha especie de beata sufridora que, enferma nun mundo salvaxe e de opresión, escribíalle á súa amada Galicia. Así se forxou unha iconografía de animaliño dorido e perdido, morriñento, que non fai máis que laiarse e chorar. Certo é que na súa vida houbo mágoa e soidades, morte e enfermidade, pero tamén ledicia e risas. Rosalía foi unha muller forte, unha muller con carácter e personalidade forxada polos avatares da súa propia existencia, un binomio entre a rapaza criada na aldea, no rural, na clandestinidade como “filla do cura”; e a adolescente fidalga que se instrúe e se move coa intelectualidade compostelá da época.

A nena de aldea que quere ser actriz. O xurdir dunha escritora que é nai e unha esposa que defende ao pobo. Unha muller de carácter, loitadora, que enaltecía o rural pero tamén denunciaba as inxustizas nun tempo no que, mesmo asinar os propios escritos se consideraba un exceso para calquera muller.

1000 elementos:
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.

15 produtos máis na mesma categoría: