Conto infantil no que os pequenos lectores acompañarán a estes simpáticos dragón e sapo no seu percorrido coñecendo a costa galega e os seus faros. Nesta ocasión os seus protagonistas, o dragón Antón e o sapo Rosendo deciden saír do seu fogar, o Castelo de Rocha Forte, e embarcarse nunha nova aventura que os levará a descubrir os faros de Galicia e a súa importancia. Unha historia rimada para aprender máis sobre a costa galega e os seus lugares máis máxicos na compaña de Antón, Ronsendo, e todos os amigos que coñecerán nesta nova aventura.