Conto infantil no que, a través de sonoras rimas se narran as aventuras de dous biosbardos, Landriña e Carolo, na súa teima por crear un libro falador. Este libro máxico pretende albergar unha morea de segredos e, para crealo, os biosbardos protagonistas percorrerán distintos lugares de todo o mundo na busca de todo aquilo que precisan.