Conxunto de poemas elaborados ao longo da vida da autora nos que, pese á súa aparencia romántica, son perfectamente extrapolables a calquera sentimento de amor e afecto no lector/a. Trátase dun libro de sentimentos onde a alma viaxa completamente espida a través dos versos e o amor aniña en cada palabra. Como beliscos no corazón dun amor que envolve toda a vida, nesta obra recompílanse diversos poemas elaborados pola autora dende o ano 1980 ata o 2020. Un camiño ao longo dos anos bailando entre camelias, baixo unha choiva de soños e unha néboa de esperanza.