Primeiro libro da colección Os Balbinos, en tres idiomas: Galego, castelán e inglés.
Somos a familia dos Balbinos, Lúa, Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. A primeira andaina que fixemos foi o Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela. Percorremos 11 concellos: O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino, e rematamos en Santiago de Compostela. Neste percorrido puidemos coñecer e descubrir igrexas, capelas, mosteiros, ríos, pontes, festas, paisaxes incribles, comidas riquísimas… Tamén coñecemos contos e lendas interesantísimas do noso patrimonio inmaterial. Estamos tan cansos e felices que agora só imos gozar deste momento e soñar coa seguinte andaina.