Os Balbinos. Camiño Inglés

1000 elementos:
6,00 €
IVA incluido

Terceiro libro da colección Os Balbinos, en tres idiomas: Galego, castelán e inglés.

Somos a familia dos Balbinos, Lúa e Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. Os papás non daban decidido cal dos camiños facer primeiro e pedíronnos a nós que escollésemos un... Boa a fixeron! Lúa namorouse do Camiño Portugués e eu, do Inglés, porque sempre me gustaron os barcos e os piratas! Pero Lúa, por levarme a contraria... Así que xogando a quen tiraba da palla máis longa gañou o Camiño Inglés e alá que nos fomos a Ferrol (aínda que tamén se pode iniciar na Coruña). Cando rematamos, deixamos tripados arredor de 120 quilómetros e percorridos 14 concellos: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Mesía, Ordes, Oroso ata rematar en Santiago. Gozamos de historias incribles, lugares fermosos e unha chea de aventuras...

1000 elementos:
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.

15 produtos máis na mesma categoría: