Gombó e a Viaxe á Lagoa é un audiolibro infantil que aborda a autonomía e a independencia a través da viaxe dun pequeno elefante. Gombó, sen a protección da súa mamá, emprende unha travesía para atopala, superando o medo e os primeiros conflitos vitais. Un conto que reflexiona sobre o medo como ferramenta de protección e sobre como os nenos deben aprender a afrontar os seus medos para saír airoso das dificultades. Un relato sobre valentía, confianza e aprendizaxe emocional.
Conto infantil para a aprendizaxe da autonomía e a independencia a través dunha viaxe á lagoa.
O pequeno elefante Gombó séntese pequeno, fraco e só sen a presenza e as palabras de ensinanza e protección da súa mamá, a elefanta Gomboa, que desapareceu misteriosamente unha mañá. Para atopala, Gombó deberá buscar as pozas de auga e lama que están situadas no horizonte da sabana, desafiando os perigos que toda viaxe aos límites entraña e vencendo ese medo infantil que sente a cativada cando teñen que resolver sós os primeiros conflitos vitais.
"Gombó e a viaxe á lagoa" supón unha reflexión arredor dun dos conceptos máis importantes que os pais lles ensinan aos fillos, a aprendizaxe do medo, vista como unha forma de protección, pero tamén e, sobre todo, como un conxunto de estratexias que os máis pequenos deben adquirir para enfrontarse a unha situación de risco e saír airoso do conflito.