A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas

Descubre A Lagoa Máis Fermosa de Tódalas Lagoas, un audiolibro infantil que ensina a importancia da reciclaxe, o respecto e a fraternidade. A través dunha historia máxica de reis, gotas e mochilas, os pequenos aprenderán a dar unha segunda vida aos obxectos e a valorar a sabedoría dos maiores. Un conto educativo que convida á reflexión sobre o noso entorno e os valores fundamentais para convivir en sociedade.

999 elementos:
12,00 €
IVA incluido

Conto infantil no que os pequenos lectores descubrirán a importancia da reciclaxe a través dunha renovada visión, usando esas historias de reis e raíñas, de mundos fantásticos que, nesta obra, se mesturan con elementos do noso entorno, convertendo en protagonistas a botas, gotas e mochilas. Trátase de inculcar o dar unha segunda vida a aquilo que xa non é útil para o seu propósito inicial pero que permite manter vivo o noso mundo, a fermosa lagoa, pero cun transfondo que vai moito máis alá na creación e consolidación da personalidade e educación da infancia. Unha historia de concienciación sobre a reciclaxe, pero tamén outros aspectos que afectan a toda a sociedade, como o respecto e a fraternidade. Un rei enlouquecido polo aspecto físico, metáfora que podemos extrapolar á vida real na que o afán por aparentar pode acabar con nós, en sentido figurado... ou non. Ou como unha pinga, tan diferente de por si a unhas botas, acaba establecendo unha gran amizade con alguén tan diferente a ela mesma e, por suposto, o respecto por unha manta vella chea de sabedoría e vivezas que representa a importancia de aprender dos nosos maiores e o respecto que por eles debemos profesar. Inculcar valores que nos permitan avanzar con comprensión e respecto dentro da sociedade da que formamos parte.

999 elementos:
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.

9 produtos máis na mesma categoría:

A clientela que mercou este produto tamén mercou: